Amosando publicacións coa etiqueta Páxina principal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Páxina principal. Amosar todas as publicacións

mércores, 28 de outubro de 2020

 BENVIDOS/AS!!!

Comezamos o novo curso con ilusión e gañas de estar xuntos outra vez, aínda que ven cargadiño do novas normas que temos que seguir todos para salvaguardar a nosa saúde e dos que nos rodean.

Déixovos esta canción de Fuensanta Martínez para repasalas normas con moito ritmo !


 





luns, 18 de maio de 2020

Novas tarefas para maio

Queridas familias, nenos e nenas:                                           

Se estivestes a facer as actividades do blogue 
de música do cole
https://amusicadacaniza.blogspot.com
para a 1ª quincena de maio,
non é necesario facer as tarefas para imprimir, 
estaredes preparados para facer as seguintes  
tamén no mesmo blogue.
A partir do luns 18 consultar o blogue e practicar
 as novas actividades escollidas para cada curso 
de primaria.
Nuns días vou propor unha tarefa na que vos teredes que gravar e mandar ao meu correo electrónico: ana@cpidacaniza.com

Gracias polo voso esforzo e moito ánimo!

Ana 


Para rematar estas Letras Galegas, déixovos ca música de Uxía 

Lambona e a Banda Molona onde cantan: "Verdescente"








sábado, 2 de maio de 2020

  Queridas familias, nenos e nenas:              

 Durante as semanas de confinamento, este blogue vaise converter  nun espazo no que se irán expondo  diferentes propostas de actividade musical.
 É imposible, levar a cabo as tarefas de danza, canto, instrumentación ... colectivas que facemos en  clase, polo que as propostas que vos deixo son aquelas que, dada a circunstancia, mellor pódense  levar á práctica desde o fogar. 
Levádeas a cabo na medida do que poidades.
 Para calquera consulta podedes poñervos en contacto comigo a través do correo do Centro:ana@cpidacaniza.com

   

  "Todo o día na casiña"


Para todos este vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento, espero que vos guste.