Durante as semanas de confinamento, este blogue vaise converter nun espazo no que se irán expondo diferentes propostas de actividade musical.
É imposible, levar a cabo as tarefas de danza, canto, instrumentación ... colectivas que facemos en clase, polo que as propostas que vos deixo son aquelas que, dada a circunstancia, mellor pódense levar á práctica desde o fogar.
Levádeas a cabo na medida do que poidades.
Para calquera consulta podedes poñervos en contacto comigo a través do correo do Centro:ana@cpidacaniza.com
"Todo o día na casiña"
Para todos este vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento, espero que vos guste.