sábado, 2 de maio de 2020

  Queridas familias, nenos e nenas:              

 Durante as semanas de confinamento, este blogue vaise converter  nun espazo no que se irán expondo  diferentes propostas de actividade musical.
 É imposible, levar a cabo as tarefas de danza, canto, instrumentación ... colectivas que facemos en  clase, polo que as propostas que vos deixo son aquelas que, dada a circunstancia, mellor pódense  levar á práctica desde o fogar. 
Levádeas a cabo na medida do que poidades.
 Para calquera consulta podedes poñervos en contacto comigo a través do correo do Centro:ana@cpidacaniza.com

   

  "Todo o día na casiña"


Para todos este vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento, espero que vos guste.



Ningún comentario:

Publicar un comentario