xoves, 21 de maio de 2020

Practicamos ritmos

Aquí vos deixo un vídeo dunha profesora de música: Mª José Sánchez
Se tendes un caldeiro e dous paus ou culleres de madeira podedes seguir os ritmos.
Fíxádevos, 1º o fai ela e despois vós, como practicamos na clase de música. Isto
servirá de adestramento para vosa próxima tarefa
Comezamos xa!

 
 XOGO RÍTMICO en familia
 E para practicar en familia vos deixo a música do Can Can do músico francés Offenbach.
Neste xogo rítmico cada un ten que facer o ritmo fixándose nos puntos da súa cor só cando están abaixo de todo. Pódese facer con menos xogadores, deixando de facer un dos ritmos.

Instrucións: cada membro da familia escolle unha cor.
Xogadora 1- azul ( box) - toca unha caixa de cartón coas mans ou cun bolígrafo
Xogador 2- amarelo ( metal can)- toca unha lata de refresco cun bolígrafo
Xogador 3- vermello ( cutlery) - entrechocando dous cubertos ( culleres, garfos...)
Xogador 4- verde (lid) - toca unha tapa dalgún bote coas mans

Cada debuxo vai indicando os golpes que tedes que ir facendo.
ATENCIÓN: Os golpes vanse dando xusto cando chega abaixo e ilumínase

Queredes  probar?, é moi divertido 


luns, 18 de maio de 2020

Novas tarefas para maio

Queridas familias, nenos e nenas:                                           

Se estivestes a facer as actividades do blogue 
de música do cole
https://amusicadacaniza.blogspot.com
para a 1ª quincena de maio,
non é necesario facer as tarefas para imprimir, 
estaredes preparados para facer as seguintes  
tamén no mesmo blogue.
A partir do luns 18 consultar o blogue e practicar
 as novas actividades escollidas para cada curso 
de primaria.
Nuns días vou propor unha tarefa na que vos teredes que gravar e mandar ao meu correo electrónico: ana@cpidacaniza.com

Gracias polo voso esforzo e moito ánimo!

Ana 


Para rematar estas Letras Galegas, déixovos ca música de Uxía 

Lambona e a Banda Molona onde cantan: "Verdescente"