xoves, 21 de maio de 2020

Practicamos ritmos

Aquí vos deixo un vídeo dunha profesora de música: Mª José Sánchez
Se tendes un caldeiro e dous paus ou culleres de madeira podedes seguir os ritmos.
Fíxádevos, 1º o fai ela e despois vós, como practicamos na clase de música. Isto
servirá de adestramento para vosa próxima tarefa
Comezamos xa!

 
 XOGO RÍTMICO en familia
 E para practicar en familia vos deixo a música do Can Can do músico francés Offenbach.
Neste xogo rítmico cada un ten que facer o ritmo fixándose nos puntos da súa cor só cando están abaixo de todo. Pódese facer con menos xogadores, deixando de facer un dos ritmos.

Instrucións: cada membro da familia escolle unha cor.
Xogadora 1- azul ( box) - toca unha caixa de cartón coas mans ou cun bolígrafo
Xogador 2- amarelo ( metal can)- toca unha lata de refresco cun bolígrafo
Xogador 3- vermello ( cutlery) - entrechocando dous cubertos ( culleres, garfos...)
Xogador 4- verde (lid) - toca unha tapa dalgún bote coas mans

Cada debuxo vai indicando os golpes que tedes que ir facendo.
ATENCIÓN: Os golpes vanse dando xusto cando chega abaixo e ilumínase

Queredes  probar?, é moi divertido 


Ningún comentario:

Publicar un comentario